Sunday 05 de May de 2024

Eduardo Parga presenta este domingo a súa candidatura para revalidar a alcaldía de Malpica


• O acto, aberto ao público, terá lugar este domingo, día 7 de abril, a partir das 18.00 horas no Centro Cívico de Malpica e contará coa presenza do presidente do PP provincial, Diego Calvo.

• “Presentamos un proxecto co que queremos dotar a Malpica de estabilidade e consolidala como un municipio á vangarda na comarca”, sinala Parga Veiga.

O presidente do Partido Popular de Malpica e alcalde, Eduardo Parga Veiga, presenta este domingo a súa candidatura de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.
O acto, previsto para as 18.00 horas deste domingo terá lugar no Centro Cívico, e toda a veciñanza que desexe asistir está convidada a formar parte dunha xornada “clave para o futuro de Malpica”.
No acto, o presidente do PP local estará acompañado polo presidente do Partido Popular provincial, Diego Calvo Pouso, e polas 17 persoas que o acompañan na lista da agrupación popular.
“O domingo queremos dar o primeiro paso cara un futuro mellor, polo que convidamos a que toda a veciñanza nos acompañe para comezar a gañar este partido desde o primeiro minuto”, sinala Parga Veiga. Ademais, engade que “presentamos un proxecto co que queremos dotar a Malpica da estabilidade política que merece para deste xeito consolidala como un municipio á vangarda na comarca”.